TRABALLANDO CON ARDORA

Bos días a todos e todas! Hoxe estivemos traballando co programa de Ardora, para nós era un programa completamente descoñecido e, por iso, tivemos certos problemas. O que pretendíamos era crear un xogo, máis concretamente, unha sopa de letras acerca das diferentes emocións, tema correspondente a sesión 2. Para iso, tivemos que recorrer aos videos explicativos do noso profesor. 

Ao principio, crear a sopa de letras e engadir as imaxes e definicións non resultou moi difícil pero unha vez que xa tiñamos o xogo rematado, queríamos subilo ao blog para que tivésedes a oportunidade de xogar e aprender con el. Sen embargo, atopámonos con diversas dificultades: á hora de abrir o archivo este conducíanos a unha páxina en branco. 

De todas formas, estamos intentando solucionar o problema, mais para deixar constancia do traballo feito deixarei por aquí unha captura de video de como é o noso xogo:



Un saúdo, Noa, Lucía e Almudena!

Comentarios