GUÍA DIDÁCTICA

Bos días a todos e todas! Nesta entrada comentaremos as dificultades coas que nos atopamos á hora de realizar a guía didáctica deste traballo. Antes de empezar, debemos dicir que foi un proxecto bastante complexo que nos levou moito tempo e dedicación, queríamos deixar todo perfecto para o día da entrega e, por ese motivo, dedicámoslle moito esforzo. 

As dificultades, concretamente, foron as seguintes: 

  • Saber cal era o tipo de aprendizaxe en cada un dos nosos materiais, moitas veces parace obvio pero, noutras ocasións, pode dar lugar a confusións. 
  • Relacionar as competencias básicas, tamén nos resultou un pouco complicado. 
  • Á hora de crear unha avaliación acerca dun aprendizaxe significativo foi outro dos puntos máis complicados para nós. 
Non obstante, a pesar destas dificultades, consideramos que o noso traballo respecto a esta parte está bastante completo e que soubemos facer fronte correctamente a estas complicacións.



Un saúdo, Noa, Lucía e Almudena!

Comentarios